11.17.2005

O ramo

O ramo chegou sen unha tarxeta que aclarase a orixe; rosas vermellas, caraveis amarelos e brancos, lazos encarnados adornando a asa da cesta. ¿Quen llo mandaría?
Ela chegou ao cabo dunha hora, cando el xa levaba dándolle voltas ao maxín unha eternidade. Non lle abondou o seu desconcerto, quería saber qué lle ocultaba.
De nada serviron as negativas e os por favor; tivo que comer as flores unha a unha.

1 Comments:

Blogger oscar de souto said...

poemas
poemas
e máis poemas....
que xanela dixital tan fermosa !!!!
abofé !!!!
a túa poesía é sublime ... encántame.

oscardesouto@hotmail.com

un saúdo entre prumas.

oscar de souto

6:05 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home