10.16.2005

Perspectivas

No velorio a familia choraba o morto, víctima da súa torpeza coa dinamita que lle estourou nas mans mentres preparaba un atentado. A nai, o tío, a irmá só vían o fillo, o sobriño, o irmán con quen nunca máis poderían conversar ou pasear, falecido antes de tempo por mor dun desgraciado accidente.
Os clientes habituais do hipermercado onde tería que estourar a bomba só sabían felicitarse da sorte que tiveran.

1 Comments:

Blogger A Conxurada said...

Acabo de chegar aquí por casualidade, e debo dicir que foi unha moi grata casualidade.

7:36 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home