Carraxe
O lapis non aturou a presión dos dedos e rachou pola metade; as dúas partes saíron despedidas contra a parede acompañadas dun berro prolongado en ouleo, saído do máis fondo dun ventre escuálido. Libros, mesa, cadeira e púcaro foron facerlle compañía ao lapis ferido, anacos dunha carraxe sen sentido.
Bágoas polo abandono inesperado, folerpas dun amor morto por un só cabo, devezos asasinos que axiña calmarían sen mancar. Ficas só. Quizais o merecías.
Bágoas polo abandono inesperado, folerpas dun amor morto por un só cabo, devezos asasinos que axiña calmarían sen mancar. Ficas só. Quizais o merecías.
1 Comments:
acabo de descubri-lo. ánimo e non deixe de escrever, faga o favor. un saudo.
Enviar um comentário
<< Home