6.11.2006

Erro

Colleu o can polo lombo, coma se fose a acariñalo; a pelaxe, mesta, semellaba la de ovella antes de a tosquiaren, donda, lene, case branca. Sabía que debía matalo, pero os ollos acuosos fitábano sorrindo, seguros de que ningún mal lle podía acaer da man do seu amo. Que trabucado estaba o pobre animal!

1 Comments:

Blogger Carriza said...

O caso é que a ovella que parecía unha coitadiña decatouse e púxose rabiosa. Acendéronse tódalas alarmas e activou tódalas súas posibilidades de defensa, inda que estivesemos en agosto.
Algún diría andas a morder na man que te da de comer, pero todos se decatan de que o home quería matala...

1:07 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home